ENTROIDO NO VALLE-INCLAN.

O venres, 1 de marzo, estivemos celebrando o entroido no colexio. Mentres empezaban a vir os pais, nós empezamos a prepararnos. Despois, saimos a desfilar cos nosos compañeiros. Máis tarde, despois das actuacións, fomos a tomar unha merenda e ao final,tivemos recreo.¡Que divertido!

PASOS PARA ELABORAR O NOSO DISFRAZ
1 Necesitamos un circulo de cartón de 55 centímetros e cun cordel para colgalo do pescozo.

2 Pintamos por diante de amarelo e por detrás de negro.
3 Nunha bolsa de zip metemos arroz con pintura amarela e alcohol e mezclamos.
4 Despois duns días, cando está seco, poñemos cola por todo o cartón e esparcimos o arroz.
5 En goma eva , dibuxamos un bogavante, seis mexilóns con corpo e concha.
6 Recortamos e pegamos con silicona quente.
                                                           ¡Xa o temos listo!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Escarlatina

PrEhIsToRiA!!!!!!!

Ledicia Costas ven visitarnos!