Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2019

O desfile do Valle-Inclán!

Imagen
O venres 1 de marzo faremos un desfile de Entroido  disfrazados e disfrazadas. Cada clase terá o seu propio disfrace, pero é sorpresa!! Tamén imos traer  comida  moi rica para rematar a mañá! Que ganas de que chegue o día!

Entroido!!

Imagen
Xa chegan os carnavais! Estamos traendo, toda esta semana, prendas de roupa cada día. Por exemplo, o luns trouxemos uns babeiros e o martes unha luva para o forno; o mércores, puntos verdes pola cara e hoxe  levamos posto o pixama! Por certo, esta tradición chamase Mandariño. Bueno,nos despedimos.Ata outra!

SEMANA DO ENTROIDO

Imagen
Esta semana no cole estamos traendo un babeiro, unha manopla, e mañá temos que traer guisantes pintados na cara. Traemolos co motivo do entroido e do proxecto, para pasalo ben e disfrutar moito. Decidimos estos obxectos por estar relacionado coa cociña. O venres, dia do entroido, viremos dunha cousa secreta.

MARTA, UNHA PROFESORA CONVIDADA

Imagen
Hoxe chegou Marta,que é unha profesora. Ela vai quedarse con nós 3 días, martes, mércores e xoves mirando como traballamos. Contounos que vive en Madrid , nun piso. Marta ven para aprender máis o método das mochilas. Quere aprender a ensinar mellor para que os nenos da súa clase veñan máis contentos ao colexio.

Entrevista cociñeira+

Imagen
A  cociñeira coviada desta semana é Sonia, tía da nosa compañeira Alejandra. Gústalle moito cociñar, e xa hai 20 anos que aprendeu a facelo. Contounos que o seu primeiro plato foi un guiso de pasta con carne e que a pasta é a súa comida preferida. Tamén lle gusta moito cociñar o marisco. Aínda que leva tantos anos cociñando, non lle gustaría ser cociñeira profesional. Ata nos dixo que preferiría traballar de camareira se tivese que estar nun restaurante. Grazas pola visita!

BÚSQUEDA DO TESOURO

Imagen
O martes atopámonos cunha sorpresa, os nosos profes de 4º fixéronnos unha búsqueda do tesouro: Primeiro leronnos en alto a cada grupo a primeira pista , despois tiñamos que ir a buscar a seguinte pista donde pensabamos que ía estar a seguinte pista. As pistas estaban metidas dentro dun sobre que levaban dous papeliños un era a pista e o outro era unha frase que despois tiñamos que ordenar.As pistas que estaban metidas dentro do sobre levábannos a seguinte pista así asta encontrar as 10 pistas, Cando encontramos as 10 pistas dirixímonos a biblioteca do noso colexio e pegamos os papeliños pequenos en orden nun papel que nos deron.
Imagen
Hoxe imos falar do proxecto que comenzamos da historia.                                                                            Trouxemos moitos dos obxectos antigos como:unha peseta, minerais, papiro, etc.                                           Aqui debaixo están as fotos destos  obxectos.   Tamén elaboramos un visual thinking e tamén moitas preguntas                                                                                  para recoller o que xa sabemos.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                    

fotos de cidades

Imagen
Hoxe ímosvos falar do que trouxemos esta semana.Os nosos compañeiros e compañeiras trouxeron moitas fotos das súas vacacións. Encantounos esta actividade, por iso queremos que se repita. Aquí están as fotos. Encataranvos!

Os pequenos Kandinskys

Imagen
O equipo supercalfragilistico estivo pintando uns cadros de Kandinsky pero personalizados , ¡Uns auténticos artístas! Con todos estes cadros imos facer un cadro para conmemorar ao autor, seguro que nos vai quedar xenial, xa temos 8 cadros en total.      😁🎉🎉🎉
Imagen
Hoxe ímosvos falar dun experimento que fixemos a semana pasada. Para isto necesítase:a casca dun ovo,un vaso de auga con colorante,un recipiente,cola blanca,sal e purpurina. Os pasos a seguir son: Coller a casca do ovo. Poñer o ovo no recipiente e botarlle a auga con colorante. Deixamos reposar un día, collemos o ovo do recipiente e baleirámoslle o colorante.O ovo queda queda tinguido Secámolo moi ben, botámoslle cola e estendémola por dentro do ovo. Botámoslle a sal do cor que se queira e botámoslle purpurina. Para rematar, secar e quedaranos unha preciosa xeoda.

A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS

Imagen
Estamos lendo o libro de JULES VERNE  titulado A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS e as cousas que imos descubrindo as imos  poñendo nun mural . E ese mural esta dividido en 4 partes que son:Os Transportes,A Comida Típica,Os Traxes e a súa Música. Os Transportes:para saber en que viaxan,A Comida Típica:para saber que comida típica comen,Os Traxes:para saber que traxes se poñen e a Música para saber que música teñen ou tocan. ESTE E O LIBRO:

A cociñeira convidada

Imagen
A cociñeira convidada desta volta chámase Alicia, aavoa do noso compañeiro Xurxo, que leva 40 anos traballando en restaurante. Empezou traballando con 11 coidando nenas e nenos nun restaurante. Grazas a isto puido traballar de camareira e finalmente como cociñeira, o que leva facendo 25 anos. Dende hai 10 anos montou o seu propio restaurante, o Mercantil, que aínda segue rexentando. O grupo dos Millonetis fíxolle unha entrevista en Radio VI esta semana, que será publicada.

FABRICAMOS UNHA XEODA!!!!

Imagen
Os dous 4º  estamos facendo unha  xeoda. A xeoda é aparentemente  unha pedra, pero cando a partes pola metade brilla. Os ingredientes que precisamos para isto son: un ovo cucado,  colorante alimeticio, ( de calquera cor) cortamos os ovos cudados e os partimos a metade  e os  votamos na auga tintada. Deixámolos en repouso un  día enteiro . Despois, botámoslle  un chorro de cola e extendemos a sal gorda. Botámoslle un pouco de purpurina e por último, deixamos secar.