Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2019

Seguimos coa prehistoria!!!

Imagen
Seguimos coa Prehistoria e fixemos facer xerras de barro, respectando o proceso seguido na Prehistoria Cada persoa trouxo un pouco de barro e fixemos a xerra con liberdade. Os pasos que seguimos foron:   1 Fixermos churros co barro 2 Despois montamos un encima de outro. 3 Decorámolo. 4 E deixámolo secar.

QUE SI PATATÍN QUE SI PATATÁN

Imagen
                                                      QUE SI PATATÍN QUE SI PATATÁN Este ultimo 28 de Marzo, fumos ao horto. Alí plantamos patacas, con Quique, (o experto no composteiro). Os seguintes pasos para plantar patacas son: 1º Remexer ben a terra  2º Repartir as patacas  3º Facemos tantas filas como necesitemos e poñemos cinco patacas en cada unha 4º Regamos o sitio por onde prantamos as patacas E por último, o que queda é regalas todos os días e esperar a que crezcan.             E así foi como prantamos as patacas!!!                          

PrEhIsToRiA!!!!!!!

Imagen
Os alumnos de 4ºA e 4ºB temos unha pequena sorpresa, pero... non a podemos dicir aínda.  Só podemos dicirvos que é sobre a PREHISTORIA e vaivos encantar. Iso si, nós estamos traballando moito e moi duro, pero vale a pena porque é moi chula e ides flipar.                                                          

Queremos igualdade!!

Imagen
Ola!! Hoxe vimos cunha nova noticia. Onte aos cursos 2º , 3º , 5º , 6º lles deron unha folla con fotos das mulleres que cambiaron o mundo. El@s tiñan que ir polo colexo enteiro buscando esas mulleres e completando a ficha, para poder gañar uns premios.O motivo disto é seguir celebrando o dia 8M.

O día internacional da muller!

Imagen
O anterior venres celebramos o día internacional da muller. No colexio falamos e reflexionamos sobre a liberdade das mulleres. A orixe do día da muller é o 8 de marzo do 1908 en Nueva York: nunha fábrica de tecidos houbo un incendio e a partir de aí  as mulleres manifestáronse. Dende ese día e ata hoxe seguimos buscando a igualdade!

ENTROIDO NO VALLE-INCLAN.

Imagen
O venres, 1 de marzo, estivemos celebrando o entroido no colexio. Mentres empezaban a vir os pais, nós empezamos a prepararnos. Despois, saimos a desfilar cos nosos compañeiros. Máis tarde, despois das actuacións, fomos a tomar unha merenda e ao final,tivemos recreo.¡Que divertido! PASOS PARA ELABORAR O NOSO DISFRAZ 1 Necesitamos un circulo de cartón de 55 centímetros e cun cordel para colgalo do pescozo. 2 Pintamos por diante de amarelo e por detrás de negro. 3 Nunha bolsa de zip metemos arroz con pintura amarela e alcohol e mezclamos. 4 Despois duns días, cando está seco, poñemos cola por todo o cartón e esparcimos o arroz. 5 En goma eva , dibuxamos un bogavante, seis mexilóns con corpo e concha. 6 Recortamos e pegamos con silicona quente.                                                            ¡Xa o temos listo!