O venres 5 de outubro de 2018 houbo 4 espectáculos de 4ºB e de 4ºA. O equipo Solicornio presentou un Kamishibai na Biblioteca. Un Kamishibai é un conto representado nunhas cartulinas con debuxos. O equipo Gatos Espí as representou unha obra de teatro chamada "El escorbuto y la plaga del mar". O equipo Malvarock representou un teatro de Sombras que trataba dun lobo namorado un tanto inxenuo. Aquí vos deixamos unha mostra dos espectáculos ¡¡¡¡¡¡ esperamos que vos guste!!!!!!
Ola bos días. O xoves 15 de novembro, despois de moitos ensaios, fomos gravar á radio a canción de SI SI KUMBALÉ . Custounos moito pero ó final... conseguímolo! Somos uns campións e campioas. Se queredes ver o resultado... esta aquí abaixo.
Hoxe 31 de xaneiro visitounos Ledicia Costas,a autora dos libros Escarlatina e Esmeraldina, e tamén de moitos máis. Firmounos o libro de Escarlatina e contounos un pouco da súa vida, como que visitou outros colexios e diferentes cousas que lle preguntaban os nenos e nenas deses coles . Quedamos moi contentos coa visita de hoxe, e con moitas ganas de seguir lendo as aventuras de Escarlatina!
Comentarios
Publicar un comentario