Escarlatina é unha especie de robot defunto que ven do inframundo para darlle un curso de cociña a Román Casas . Daba un pouco de medo mirarlle aos ollos pero, ao final, ensinoulle a Román a cociñar moi ben. Escarlatina era unha defunta traballadora e sempre disposta a axudar aos demais.
Os alumnos de 4ºA e 4ºB temos unha pequena sorpresa, pero... non a podemos dicir aínda. Só podemos dicirvos que é sobre a PREHISTORIA e vaivos encantar. Iso si, nós estamos traballando moito e moi duro, pero vale a pena porque é moi chula e ides flipar.        
Hoxe 31 de xaneiro visitounos Ledicia Costas,a autora dos libros Escarlatina e Esmeraldina, e tamén de moitos máis. Firmounos o libro de Escarlatina e contounos un pouco da súa vida, como que visitou outros colexios e diferentes cousas que lle preguntaban os nenos e nenas deses coles . Quedamos moi contentos coa visita de hoxe, e con moitas ganas de seguir lendo as aventuras de Escarlatina!
Comentarios
Publicar un comentario