O martes, 20 de novembro no colexo Ceip Valle-Inclán de Ardia todos faremos unha carreira solidaria. Nós, 4º, correremos 4 voltas ao patio na hora de lecer, axudamos aos máis necesitados.💖👌
Ola bos días. O xoves 15 de novembro, despois de moitos ensaios, fomos gravar á radio a canción de SI SI KUMBALÉ . Custounos moito pero ó final... conseguímolo! Somos uns campións e campioas. Se queredes ver o resultado... esta aquí abaixo.
O venres 5 de outubro de 2018 houbo 4 espectáculos de 4ºB e de 4ºA. O equipo Solicornio presentou un Kamishibai na Biblioteca. Un Kamishibai é un conto representado nunhas cartulinas con debuxos. O equipo Gatos Espí as representou unha obra de teatro chamada "El escorbuto y la plaga del mar". O equipo Malvarock representou un teatro de Sombras que trataba dun lobo namorado un tanto inxenuo. Aquí vos deixamos unha mostra dos espectáculos ¡¡¡¡¡¡ esperamos que vos guste!!!!!!
Hoxe 31 de xaneiro visitounos Ledicia Costas,a autora dos libros Escarlatina e Esmeraldina, e tamén de moitos máis. Firmounos o libro de Escarlatina e contounos un pouco da súa vida, como que visitou outros colexios e diferentes cousas que lle preguntaban os nenos e nenas deses coles . Quedamos moi contentos coa visita de hoxe, e con moitas ganas de seguir lendo as aventuras de Escarlatina!
Comentarios
Publicar un comentario