Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2018

XOGO: De que animal se trata ?

O equipo SOLICORNIO fixo un xogo de pistas sobre animais moi divertido coa aplicacion Genialy .   Cando remataron foron a ensiñarllo a os nenos de 4º,5º e 6º de infantil e pasárono moi ben. ANIMÁDESVOS A XOGAR? CANTO SABES DE ANIMAIS?

Parte meteorolóxico

Imagen
Convertímonos desta volta en meteorólogos. Para facer un estudo detallado do clima utilizamos diferentes utensilios e ferramentas.  Montamos e programamos o MBlock, co profe Luis, na aula de informática. Conectamos os sensores de temperatura e humidade.   Programamos a Raspberry e a colocamos no pasillo das escaleiras. Durante unha semana saímos co MBlock a diferentes espazos do cole para facer o rexistro. Démonos conta de que o noso cole é bastante frío. Aprendimos a interpretar mapas, para poder facer os nosos propios programas do tempo. Predición do martes, 11 de decembro. Mércores, 12 de decembro Xoves, 13 de decembro

Chega o Nadal

Imagen
Chega o Nadal!  Xa só quedan dúas semanas para que remate o colexio, pois o día 21 de decembro chegan as vacacións do Nadal. Mentres seguimos no colexio, ademais de estudar e traballar moito, decoraremos as clases para que o colexio luza ben bonito!

Saída a Lugo

Imagen
O pasado martes 27 de novembro,os grupos de cuarto fumos de excursión a Lugo.  Despois de 2 horas de viaxe,chegamos a fabrica de leite Río, onde nos explicaron o proceso do leite.  Despois fumos á Muralla romana e pola tarde a Hakuna Matata. Alí fixemos un xogo con pinzas e pezas de puzzle, unha búsqueda do tesouro sobre a historia da cidade. PASÁMOLO MOI BEN!!!

dereitos humanos

Imagen
O 10 de decembro celebrarase o día dos dereitos humanos. É inportante porque todo o mundo ten dereito a pedir calquera cousa, mentras non lle faga mal a outras persoas. Na biblioteca do CEIP Valle-Inclán temos carteis colgados sobre os dereitos humanos e tamén libros sobre dereitos humanos.

O tempo

Imagen
Durante esta semana as nenas e nenos do cole Valle-Inclán estaremos moi atentos ó tempo atmosférico. Ademais de seguir anotando a temperatura e humidade do cole, tamén botaremos un ollo pola ventana, porque dentro de pouco imos poñer en práctica o que estamos aprendendo sobre o tempo.

Obra de teatro " QUE NOXO "

Imagen
Os nenos de valores de 4º fixemos unha obra de teatro. Laura Lorenzo Diz, a nosa profe, escribiu unha obra de teatro e nós os nenos  de valores de 4º a representamos. De público asistiron os seguintes cursos: 1º, 2º, 3º, 5º e 6º. Foi na blibioteca, o día 30 de Novembro de 2018, para conmemorar o  día contra a violencia de xenero, o 25 N. A obra pretende que nos demos conta do mal que tratamos a xente que nos quere e fai as cousas con cariño.