Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2018

Contra a violencia de xénero

Imagen
No colexio CEIP Valle-Inclán O Grove os nenos e nenas de valores de 4º van facer unha obra de teatro contra a violencia xénero. Será hoxe antes do recreo e de público asistirá o resto do alumnado do colexio.

Noticias da semana

Os alumnos e alumnas mantéñennos informados e informadas da actualidade do cole. Para mostra... Este vídeo...

Correndo polo Grove

Imagen
Este domingo 25  de novembro empezamos a liga de carreiras escolares. Todos e todas as rapazas e rapaxes dos os colexios e institutos poderán participar nesta competición. Vémonos o domingo na pista!

Para axudar ás nenas e nenos

Imagen
Ola bos días. Hoxe, martes 20 de novembro celebramos o día da infancia coa carreira solidaria de ´´Save the Children´´.  Abriremos as portas do cole ás 12:40h para que  as familias que o desexen poidan participar no evento. Estades todos e todas convidados.Ata outra!

Imos de excursión!

Imagen
Ola bos días, hoxe queremos falar sobre a próxima saída que faremos os alumnos e as alumnas de cuarto A e cuarto B. Será o 27 de novembro á cidade de Lugo. Imos ir á  fábrica de Leite Río e tamén imos ter unha visita guiada á muralla de Lugo. Para rematar o día, teremos máis actividades: un xogo nun centro de ocio. Para a saída precisamos isto: roupa e calzado cómodo, chaqueta e unha mochila coa comida e as dúas merendas. Sairemos do cole ás 8:15h e chegaremos sobre ás 20:00h. Seguro que o imos pasar moi ben, xa vos iremos contando. Ata outra! Imaxe extraída de http://blog.turismo.gal/destinos-es/muralla-de-lugo-la-unica-muralla-romana-del-mundo-que-se-conserva-entera/

Carreira solidaria

Imagen
O martes, 20 de novembro no colexo Ceip Valle-Inclán de Ardia todos faremos unha carreira solidaria. Nós, 4º, correremos 4 voltas ao patio na hora de lecer, axudamos aos máis necesitados.💖👌

A temperatura e humidade co m-block e raspberry

Imagen
                                          Hoxe o alumnado de 4º está medindo a temperatura co m-bloc e a raspberry.                                                                                                                                                                                                                             ...

Si Si Kumbalé... O resultado

Imagen
Ola bos días. O xoves 15 de novembro, despois de moitos ensaios, fomos gravar á radio a canción de SI SI KUMBALÉ .                                                                   Custounos moito pero ó final... conseguímolo! Somos uns campións e campioas. Se queredes ver o resultado... esta aquí abaixo.

Sí,sí kumbale

Imagen
  Hoxe na radio VI 4º gravamos unha canción africana titulada "Sí,sí kumbale" .  Eleximos gravar esa canción porque explica como e quen prepara a terra, e como e quen sementa a terra pois os homes preparana e as mulleres a sementan .  ✨               🏆         

Radio para todo o mundo!

Imagen
Como ben sabedes, as nenas e nenos de cuarto están a traballar un montón nas mochilas. Parte deste traballo consiste na elaboración dende cero de varios programas de radio. Lendas e fábulas Promocións e publicidade Noticias VI Debates Para poder acceder á radio do cole, premede na imaxe que apare abaixo. Esperamos que desfrutedes do noso traballo!

O Magosto

Imagen
O Magosto Hoxe o dia 13 de novembro celebramos o magosto. O noso conserxe asa as castañas, e o fai no pavillón cuberto. Os profesores de cada curso encárganse dunha mesa, e unha vez esten na mesa nos dan as castañas e as papamos . Para iso empregamos unha cestiña para poder pelalas e despois comelas.    Neste día tan especial xogamos cos xogos populares, é moi divertido. Hai moita variedade de xogos, por exemplo a mariola, podes xogar por equipos. A petanca, para ver quen gaña. E hai moitos xogos máis.  Gústannos moito!  .

Magosto!!

Imagen
Hoxe celébrase o magosto. O conserxe Paco está asando as castañas para que todos os alumnos e alumnas as poidamos tomar despois do recreo. Sucede no pavillón cuberto e celébrase pola chegada do outono.Seguro que están riquísimas!

Canto azúcre inxeres ti?

Imagen
O grupo Malvarock vai facer un experimento co azucre que consumimos  día día. Para isto necesitaremos unha vascula para pesar o azucre e os pesos,catro bolsas e azucre. Para isto hai que medir os gramos de azucre   que contén o Nestie, o Dalkieduo, o turron e un iogurt. Para medir os gramos de azucre hai que facer uns calculos e se hai 4.5G de azucre tiñan que poñer uns pesos ata que chegaran a 4.5G xustos, logo tiñan que poñer o azucre e que queden co mesmo peso. Aqui vos deixamos o video para que o vexades!!!!
Imagen
O  pasado luns, o grupo Gatos espias plantaron albahaca, escarola, mostaza blanca, espinaca e viroflay. Utilizamos o semilleiro da entrada para plantalas nunhas botellas. Primeiro moveron a terra e logo as sementes, unha nena do grupo foi a por dous cazos para a auga e a terra. Metéronas nas macetas e logo a esperar para que florezan .

Si si Kumbale

Imagen
Hoxe falaremos dunha noticia especial. Os dous cuartos estamos practicando unha canción africana chamada Si Si Kumbale , que trata sobre o proceso tradicional para cultivar a terra. Deixámosvos aquí o vídeo que usamos para ensaiar.                                                                        Moitas grazas por ver as nosas noticias!                                                                                                       ATA OUTRA!

De onde proveñen os alimentos?

Imagen
Os nenos de cuarto B fixemos uns vídeos dos sectores produtivos tratando a alimentación: ¿Como chega o brecól envolto en plástico?¿Como o tomate chega a ser un bote de salsa?¿Como  un polo pasa a ser o que vemos no super?Neste video os segintes grupos responderemos a estas e outras preguntas. Cada equipo de clase traballou nun sector produtivos. Logo de investigar gravamos uns videos explicativos sobre estas actividades.Utilizamos a aula de audiovisuais e nos axudaron a profe Laura e a profe Carmen, que estivo con nós de prácticas.

ÚLTIMA HORA

Imagen
A carreira prevista para este xoves, 8 de novembro, suspendeuse por motivo do mal tempo que se espera para ese día. Terá lugar o próximo 13 de decembro.

A MERENDA TERRORIFICA.

Imagen
Os nenos e nenas de cuarto B e cuarto A   na festa de Samaín  fixeron unha merenda terrorífíca con crema de cacahuete e conguitos blancos.  Foi moi divertido. Tivemos  que facer moitos grupos  de  catro  persoas mezclando  alumnos de cuarto B e cuarto A. En primeiro fixemos  oito cortes á mazá .  As persoas tiñan que ter dous trozos cada unha . Despois  nun trozo de mazá untamos crema de cacahuete e logo colocamos o outro trozo de mazá por riba. Para rematar, colocamos os conguítos a modo de dentes.  Había para todos os gustos. A quen  lle chiflou e a quen non lle gustou nadiña. 

As mochilas

Imagen
No colexio Valle-Inclán os nenos e nenas de cuarto A e cuarto B estamos facendo un proxecto con mochilas para traballar as linguas. Os de galego están facendo un teatro de sombras; os de castelán, un kamishibai; os de proxecto, unha obra de teatro titulada O escorbuto a plaga do mar, que poderemos ver este venres  Esperamos volver vervos o próximo dia !!! ATA OUTRA!!!  

ANUNCIOS NA RADIO

Así anunciaba o equipo de radio a festa de Samaín que disfrutamos no cole .

Preparados, listos... Xa!

Imagen
Ola a todos!Hoxe vimos cunha nova noticia O día 8 de novembro os nenos e nenas que asisten a atletismo irán a  unha carreira en Portas, que forma parte do provincial galego. Quen quede entre os oito primeiros postos clasificarase para o galego. Encántalles correr, polo que seguro que o pasan moi ben. ESPEREMOS QUE GAÑEN!!